From Wikipedia, the free encyclopedia
O avellentamento da poboación galega é un proceso demográfico que afecta ao territorio galego desde finais do século XX. Consiste no paseniño e progresivo envellecemento da poboación, de xeito que aumentan os individuos comprendidos entre idades maduras e anciás, e minguan os suxeitos en idade infantil e xuvenil. A partir de 1975 a poboación galega comezou a presentar un declive demográfico, de xeito que en 1986 o saldo de poboación tornouse negativo, isto é, foi o primeiro ano no que morreron máis galegos dos que naceron.[1] En 2014 o 23,1% dos galegos superaba os 65 anos de idade, e as previsións do Instituto Nacional de Estadística debullan que hanse perder 300.000 habitantes até o 2044.[1]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O avellentamento da poboación en Galicia supón non só un problema demográfico, senón tamén un problema económico. En 2014, a Xunta de Galicia calculou en 500 millóns de euros máis de media o sobrecusto sanitario que implicaría o envellecemento da poboación galega.[2]
Ademais do avellentamento característico das sociedades occidentais, producido por un aumento da calidade e da esperanza de vida, así coma na mellora e potenciación de programas de saúde pública, en Galicia existen outros factores endémicos que agravan a situación de envellecemento. O éxodo rural ou a emigración son algúns dos problemas cos que a sociedade galega veu combatendo nas últimas décadas.
Desde finais do século XIX e durante o século XX, Galicia viuse inmersa nun proceso de perda de habitantes por mor da emigración económica cara a diferentes lugares, coma o continente americano (en especial Arxentina, México, Cuba), Europa ou outros territorios de España. Dita perda de poboación implicou unha diminución substancial con respecto ao resto do territorio español, que perdía poboación a un ritmo moito menor. Así, durante o século XX a Comunidade Autónoma de Galicia foi perdendo poboación relativa con respecto á poboación total española.[3]
En 1857 a densidade de poboación en Galicia era a maior de todas as rexións do país, e Galicia representaba o 11,49% da poboación española. Con todo, no 2006, só o 6,19% dos españois residía nesta comunidade autónoma.
Evolución demográfica de Galicia e porcentaxe con respecto ao total nacional[4] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | ||||||||||||
Poboación | 1 776 879 | 1 894 558 | 1 980 515 | 2 063 589 | 2 124 244 | 2 230 281 | 2 495 860 | 2 604 200 | |||||||||||
Porcentaxe | 11,49% | 10,79% | 10,64% | 10,32% | 9,93% | 9,42% | 9,59% | 9,26% | |||||||||||
1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2010 | ||||||||||||
Poboación | 2 602 962 | 2 583 674 | 2 753 836 | 2 720 445 | 2 742 622 | 2 732 926 | 2 767 524 | 2 797 653 | |||||||||||
Porcentaxe | 8,51% | 7,61% | 7,30% | 6,90% | 6,91% | 6,65% | 6,19% | 5,95% |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.