Australopithecus anamensis
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Australopithecus anamensis é unha especie do xénero Australopithecus.
Australopithecus anamensis Rango fósil: Plioceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Óso de A. anamensis na Universidade de Zúric | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Australopithecus anamensis M.G. Leakey et al., 1995 |
Os primeiros restos, un úmero, descubriunos un equipo da Universidade Harvard durante unha campaña realizada nun estrato do Plioceno da rexión de Kanapoi no leste do lago Turkana en 1965. O exemplar asignouse na época a un Australopithecus de catro millóns de anos de antigüidade.
Pouca máis información houbo ata que en 1987 o arqueólogo canadense Allan Morton descubriu fragmentos dun exemplar nun outeiro parcialmente erosionado en Allia Bay preto do Lago Turkana, aínda así houbo que agardar seis anos para que Meave Leakey e Alan Walker excavaran Allia Bay e atoparan moitos fragmentos adicionais do homínido, incluída unha mandíbula inferior completa que lembraba a dun chimpancé (Pan troglodytes) pero cunha dentamia máis semellante á dun humano, con esmaltes grosos nos molares, o que indica unha alimentación con grans e froitos secos ademais de vexetais. En 1995 Meave Leaky e os seus compañeiros por mor das diferenzas entre o Australopithecus afarensis e os restos atopados, deron en asignar estes a unha nova especie A. amanensis, derivando o seu nome do vocábulo turkana anam (lago), cunha datación de 4 200 000 anos.
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.