From Wikipedia, the free encyclopedia
Australis, coñecido tamén como OSCAR 5 (Orbiting Satellite Carrying Amateur Radio 5) foi un satélite artificial australiano lanzado o 23 de xaneiro de 1970 mediante un foguete Delta 4M desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[5][2][4]
Australis / OSCAR 5 | |
---|---|
Tipo | Experimental |
Organización | Universidade de Melbourne |
Contratistas principais | Universidade de Melbourne |
Data de lanzamento | 23 de xaneiro de 1970[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta N6[5][2] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[5][2] |
NSSDC ID | 1970-008B |
Masa | 15,8 kg[5][2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7833 km[1] |
Inclinación | 101,5 graos[1] |
Apoapse | 1484,7 km[1] |
Periapse | 1440,6 km[1] |
Australis foi o primeiro satélite radioafeccionado construído en Australia. Foi manufacturado por estudantes da Universidade de Melbourne e tiña forma de prisma rectangular cunhas dimensións de 43 x 30 x 15 cm. Cunha masa de 15,8 kg, alimentábase mediante baterías e na súa superficie levaba tiras reflectantes para o control térmico do satélite. Dos seus lados sobresaían catro antenas monopolo, levando a bordo dous transmisores e un sensor de horizonte para determinar a súa velocidade de rotación. Estabilizábase mediante dous imáns pasivos para aliñar o satélite co campo magnético terrestre. Usábase un sistema de comandos para activar o transmisor do satélite, funcionando a unha frecuencia de 29,450 MHz só os fins de semana. O satélite era capaz de transmitir datos sobre o estado da batería, a súa temperatura e o sensor de horizonte usando un sistema de telemetría de sete canles mediante a modulación dos sinais do transmisor. Durante a súa vida útil a universidade de Melbourne recibiu informes de máis de 200 estacións de observación de 27 países distintos[5][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.