From Wikipedia, the free encyclopedia
O áureo (en latín: aureus, plural aurei) era unha moeda da antiga Roma de ouro, equivalente a 25 denarios de prata.
Foi emitida regularmente dende o século I a. C. até o século IV d.C., cando foi substituído polo sólido (solidus). O áureo tiña aproximadamente as mesmas dimensións do denario, aínda que moito máis pesado debido á densidade do ouro.
A partir da época de Xulio César, o áureo pasou a ser acuñado con máis frecuencia. César tamén fixou o peso da moeda en 1/40 da libra romana (aproximadamente o equivalente a 8 gramos). Durante o reinado de Nerón, o peso do áureo foi reducido a 1/45 de libra. Durante o goberno de Marco Aurelio, a produción declinou, e con Caracalla foi desvalorizado de novo o seu peso: 1/50 de libra. Foi substituído polo solidus no 309 d. C., durante o reinado de Constantino.
Entre o 27 a.C. e o 212 d.C. un áureo (1/40 de libra de ouro, desvalorizado a un 1/50 libra en 212), equivalía a:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Áureo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.