From Wikipedia, the free encyclopedia
Auguste Beernaert, nado en Ostende o 26 de xullo de 1829 e finado en Lucerna o 6 de outubro de 1912, foi un político belga.
Auguste Beernaert foi un político católico flamengo de lingua francesa, fillo dun funcionario do Estado, foi a súa nai quen se encargou da educación dos dous fillos do matrimonio. Diplomouse na Facultade de dereito de Lovaina, grazas a unha bolsa de estudos estivo en diversas universidades europeas (París, Estrasburgo, Berlín e Heidelberg) para estudar os sistemas de aprendizaxe do dereito, ó remate envioulle un informe ó ministerio do interior. Exerceu de avogado en Bruxelas e abriu o seu propio bufete, especializado no dereito financeiro e que se encargaba dos intereses de prominentes figuras da realeza e do mundo financeiro, e publicou diversos artigos legais en revistas especializas. En 1859 foi nomeado para a Corte de casación en substitución de Auguste van Dievoet. En 1873 entrou no goberno de Jules Malou como ministro de obras públicas e transporte exercendo o posto ata 1878, en 1884 ocupou o ministerio de agricultura, industria e agricultura durante tres meses para ser nomeado xefe de goberno e ministro de finanzas polo rei Leopoldo II, durante o seu mandato realizáronse numerosas reformas constitucionais, como o voto universal ou a protección dos dereitos dos flamengos, e xogou un papel fundamental na transformación do Congo Belga no Estado do Congo Belga co rei dos belgas como soberano e non como propietario como ata entón. En 1894 caeu o seu goberno ó fracasar o seu intento de establecer un sistema de representación proporcional. Presidiu a Cámara dos Deputados (1895) e ocupando un escano ata 1912. En 1899 presidiu a primeira sesión da Conferencia Internacional de Paz da Haia. e formou parte do Tribunal Internacional de Arbitraxe. Partidario do internacionalismo, propiciou conferencias para unificar o dereito marítimo internacinal, para rematar coa escravitude, presidiu a Liga Internacional de Católicos Pacifistas, En 1909 foi laureado co Premio Nobel da Paz compartíndoo con Paul d'Estournelles de Constant.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Auguste Beernaert |
Predecesor: Jules Malou |
Primeiro Ministro de Bélxica 1884-1894 |
Sucesor: Jules de Burlet |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.