Atol Takaroa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Takaroa é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. É a capital da comuna de Takaroa e forma parte do grupo das illas do Rei Xurxo. Está situado ao norte do arquipélago, a 9 km ao nordés de Takapoto e a 575 km ao nordés de Tahití.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Takaroa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 93 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
É un atol ovalado de 24 km de longo e 8 de ancho, cunha superficie total de 113 km². A lagoa interior comunícase co océano por un paso de 3 m de profundidade.
A vila principal é Teavaroa que ocupa todo un illote. Dispón dun aeródromo situado a 2 km. A poboación total era de 1.003 habitantes no censo do 2002. Un 90% dos habitantes son mormóns e contan cun templo construído en 1891. Tamén se atopan restos de varios templos polinesios (maraes). A actividade principal é o comercio de nácar e perlas negras.
O nome Takaroa quere dicir «queixo longo». Outros nomes históricos son Taka-Pua, Tioka e Taaroa. O inglés John Byron, en 1765, chamouno Coral Island.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.