From Wikipedia, the free encyclopedia
A Association Sportive de Villeurbanne et Éveil Lyonnais, tamén coñecido como ASVEL Lyon-Villeurbanne, ou como LDLC ASVEL por motivos de patrocinio, é un club polideportivo francés, composto por unha decena de seccións, entre as máis coñecidas atópase a sección de baloncesto, cuxo equipo sénior compite na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto en Francia e ten a súa base na localidade de Villeurbanne.
LDLC ASVEL | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A / Euroliga |
Fundación | 1948 |
Cores | Branco, negro |
Presidente | Tony Parker |
Adestrador | T. J. Parker |
Localización | |
Cidade | Villeurbanne, Francia |
Pavillón | Astroballe |
Capacidade | 5 800 |
Inauguración | 1995 |
Campionatos | |
Liga | 21 (1949, 1950, 1952, 1955, 1956, 1957, 1964, 1966, 1968, 1969, 1971, 1972, 1975, 1977, 1981, 2002, 2009, 2016, 2019, 2021, 2022) |
Copa | 10 (1953, 1957, 1965, 1967, 1996, 1997, 2001, 2008, 2019, 2021) |
Supercopa | 2 (2009, 2016) |
asvelbasket.com |
O club naceu en 1948 trala fusión do Éveil Lyonnais e do A.S. Villeurbanne. ASVEL é un acrónimo que combina os nomes de ambos clubs: Association Sportive Villeurbanne e Éveil Lyonnais. O equipo, cuxo primeiro presidente foi o Sr. Millet, fixou a súa sede na Maison des Sports de Villeurbanne. O ASVEL gaña o seu primeiro título de campión de Francia tan só un ano despois da súa fundación, en 1949. Os éxitos seguirían tras revalidar o título en 1952, e despois de forma consecutiva entre 1955 e 1957. Alén dos títulos, o club xoga as finais de 1954 e 1959. Os principais xogadores deste equipo son André Buffière, François Nemeth e Raymond Sahy, así como Édouard Gagneux. Despois dun período de seis temporadas sen título, de 1958 a 1963, o ASVEL encontra de novo o camiño da vitoria cun novo presidente, Raphaël de Barros, un novo adestrador, André Buffière, e a partir de 1965 coa chegada dun talentoso novo xogador: Alain Gilles.
Como xogador, Alain Gilles levou ao ASVEL a conseguir oito títulos de liga entre 1966 e 1981. Con el, moitos xogadores foron partícipes da consecución de polo menos tras campionatos: Alain Durand, Michel Duprez, Gilbert Lamothe, Bruno Recoura, Michel Le Ray, Jean-Pierre Castellier, Serge Fino, Gérard Moroze, Gérard Lespinasse e Bernard Magnin. Aínda que dominante en Francia, o equipo non consegue brillar a nivel europeo. Nisto inflúe a negativa do presidente Barros de asinar a xogadores estadounidentes, como era habitual en Europa. Con todo, en 1974 o ASVEL chega ás semifinais da Copa Korać, onde son eliminados polo Pallacanestro Cantù, equipo que posteriormente gañaría o título. Dous anos despois, en 1976, o club chega ás semifinais da Copa de Europa, onde a súa vitoria ante o Real Madrid no partido de volta non é suficiente para clasificarse á final (77-113, 101-99). O último título de liga da era de Alain Gilles chega en 1981, o club debe entón agaradar até 2002 para conseguir nuevo campionato. Nos restantes anos 1980 destaca a chegada do club ás seminais da Recopa, porén foron derrotados pola Cibona de Dražen Petrović.
En 1995 o club múdase a un novo pavillón o Astroballe con capacidade para 5600 espectadores. Durante practicamente toda a década, desde 1992 até 2001, o adestrador do equipo é Gregor Beugnot, que non consegue levar ao club ao campionato de liga, mais si logra que o equipo sexa un habitual das competicións europeas. As mellores actuacións continentais do ASVEL serían en 1996, cando chega ás semifinais da Copa Korać e, sobre todo, en 1997, cando o club se clasifica á Final Four da Euroliga por primeira vez na súa historia. Para chegar até ela, o ASVEL gaña a prestixiosos clubs como o Panathinaikos ou o FC Barcelona. Nos cuartos de final o ASVEL vence ao Efes Pilsen. Porén, o equipo cae na semifinal ante o propio Barcelona (77-70) e na final de consolación ante a Olimpija Ljubljana (86-79). Os principais xogadores deste equipo eran Delaney Rudd, Brian Howard, Alain Digbeu, Georgy Adams, Ronnie Smith e Jim Bilba. Nas tres seguintes temporadas o equipo chega aos cuartos de final da Euroliga.
No ano 2002 o equipo volve a gañar de novo o campionato de liga, tras 21 anos, despois de gañar na final ao Pau Orthez por dúas vitorias a cero (77-68 e 65-64). Antes de chegar á final a ASVEL desfaríase do Le Mans en cuartos de final (81-71, 72-73, 89-81) e do Cholet en semifinais (94-74 e 82-72). Os xógadores máis destacados do equipo verde nesta temporada foron: Nikola Vujčić, Yann Bonato, Kyle Hill, Nikola Radulović, Reggie Freeman e Harold Mrazek. Na temporada 2008−09 o ASVEL gañaría unha nova liga. Este ano estivera marcado ademais pola chegada como accionista ao club do xogador internacional francés da NBA Tony Parker. Uns anos despois, en 2014, o propio xogador convértese no accionista maioritario e propietario do club, sendo nomeado presidente do mesmo.
Leaders Cup
Supercopa de Francia
Copa Federación
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.