From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación Coro Gospel Vida, tamén coñecida simplemente como Coro Gospel Vida, é unha asociación cultural adicada á formación musical e cultural arredor da música gospel e á difusión da idiosincrasia propia deste xénero musical e cultural. O seu eido de actuación é toda a comunidade galega e a súa sede atópase na cidade de Vigo.
Asociación Coro Gospel Vida | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Asociación creouse oficialmente no ano 2016, mais o seu percorrido cultural pódese rastrexar algún tempo antes da súa aparición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, onde se pode atopar baixo o nome de "Asociación Coro Góspel Vida" entre as asociacións do eido central.[1] A primeira referencia que se atopa na prensa local sobre esta asociación é no ano 2014 no diario La Voz de Galicia así como no Diario de Arousa.[2][3]
No ano 2016 produciuse a federación da asociación na Federación de Coros Gospel de España, tamén coñecida polo seu acrónimo Fedegospel.
O Coro Gospel Vida, ademais de ser unha asociación cultural ten unha clara vertente solidaria, pois a recadación de todas as súas actividades, principalmente concertos, é doada a alguna causa social da localidade.
No ano 2014 as localidades nas que realizaron actividades solidarias foron Cangas do Morrazo, Ribeira e Bueu.[4][5]
No ano 2015 visitaron coas súas actividades solidarias as localidades de Ferrol, Ribeira, Cangas do Morrazo, Bueu, Pontevedra e Vigo.[6][7][8][9][10]
No ano 2016 visitaron novamente Bueu e por primeira vez Santiago de Compostela, onde colaboraron na gravación do programa 1500 de "Nacer de Novo" para a Televisión de Galicia.[11] Además, neste ano realizaron en Vigo un taller de dous días sobre a música gospel co director e compositor sueco Joakim Arenius.
No ano 2017 realizaron en Bueu as II Xornadas Gospel Vida contando coa participación de Nancy Roncesvalles, directora do Coro Gospel de Madrid.[12] Ademais, realizaron concertos en Moaña,[13] Cangas do Morrazo,[14] Ribeira[15] e Ponteareas.[16]
No ano 2018 organizaron concertos en Vigo e Cee.[17][18][19]
O Coro Gospel Vida foi galardoado polo seu labor solidario no concello de Ribeira coa medalla do concello no ano 2015.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.