Ashoka Chakra

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ashoka Chakra

O Ashoka Chakra é unha representación do Dharmachakra, a Roda do Dharma (en sánscrito cakra significa roda).

Thumb
Ilustración do Ashoka Chakra, tal e como se amosa na bandeira da India.

Historia

A roda ten 24 radios. O Chakra Ashoka foi amplamente inscrito en moitas reliquias do emperador Ashoka o Grande (que reinou entre 273 e 232 a. C.), o máis destacado de todos é o que se atopa na columna do León de Sarnath e o do Piar Ashoka.

Uso

O uso máis visible da Chakra Ashoka está no centro da bandeira nacional da República da India (aprobada o 22 de xullo de 1947), onde se pode visualizar en cor azul mariño sobre fondo branco, substituíndo o símbolo de Chakra (fiado de rodas) da versión anterior á independencia da bandeira. O Chakra Ashoka tamén pode verse na base da columna de León de Ashoka, que foi aprobado como o Emblema Nacional da India.

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.