Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Asdrúbal Esteban Fontes Bayardo, coñecido como "Pocho", nado o 26 de decembro de 1922 en Pan de Azúcar, Uruguai, e finado o 9 de xullo de 2006 en Montevideo, foi un piloto de carreiras uruguaio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1922 Pan de Azúcar, Uruguai (en) |
Morte | 9 de xullo de 2006 (83 anos) Montevideo, Uruguai |
Actividade | |
Ocupación | piloto de carreiras, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Durante a segunda metade de finais da década de 1950, Fontes Bayardo participou na serie altamente competitiva Fórmula Libre arxentina, que foi evolucionando aos poucos ata ser disputada cos regulamentos da Fórmula Un. Gañou a primeira carreira celebrada no circuíto do Pinar de Montevideo en outubro de 1956, co seu Maserati 4CLT propulsado por un motor Chevrolet V8, tamén gañou en Interlagos en novembro de 1957 co mesmo coche.
Viaxou a Europa en 1959 para participar no Gran Premio de Francia de 1959 coa Scuderia Centro Sud, pilotando un vello Maserati 250F, co cal non chegou a cualificar. Regresou a América do Sur, onde continuou na Fórmula Libre e tamén participou en carreiras de resistencia.
Na década de 1960 tiña un concesionario de Gneeral Motors en Pan de Azúcar, San Carlos e Maldonado, e director dunha empresa produtora de camionetas baseadas nas Opel en Pan de Azúcar baixo o nome de "Marina".[1] Máis tarde traballou para unha axencia asociada ao BSE (Banco de Seguros del Estado), unha gran corporación bancaria uruguaia..[2]
Bayardo morreu na súa casa en Montevideo en xullo de 2006.[3] O circuíto urbano de Piriápolis leva o seu nome.[4]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.