From Wikipedia, the free encyclopedia
As aventuras de Arthur Gordon Pym[1] (orixinalmente The Narrative of Arthur Gordon Pym of Nantucket) é unha obra de Edgar Allan Poe que constitúe a súa única obra dentro da narrativa longa. Pertencente ó xénero do terror, practicamente inaugura un novo xénero: a ficción fantástica de terror.
As aventuras de Arthur Gordon Pym | |
---|---|
Autor/a | Edgar Allan Poe |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | mundo perdido, ficción gótica e ficção náutica |
Editorial | Harper |
Data de pub. | 15 de xullo de 1838 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra conta as aventuras mariñas de Arthur Gordon Pym. Poden distinguirse dúas partes claramente diferenciadas: na primeira, a obra mantense circunscrita ás obras de aventuras mariñas, piratas incluídos, con elementos propios procedentes da súa obra O escaravello de ouro e os seus diversos elementos de terror que caracterizan ás súas obras; na segunda, a obra introdúcese de cheo no campo da fantasía.
Entre os diversos autores que utilizaron esta obra coma fonte de inspiración, pódese citar a H. P. Lovecraft. As bases sentadas por esta obra son un forte seudo-cientifismo (que xa se atopa no romanticismo) e a utilización da épica da viaxe por territorios descoñecidos.
J. R. R. Tolkien pode considerarse, a traveso das obras de H. P. Lovecraft como herdeiro indirecto. Os principais elementos da súa obra, coma o viaxeiro por territorios ignotos e hostís, o mal latente e descoñecido ou a simboloxía, poden atoparse anticipados nesta obra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.