Articulacións metacarpofalánxicas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As articulacións metacarpofalánxicas son un conxunto de articulacións do membro superior humano, pertencentes ao pulso. Teñen forma condiloide e artellan os ósos metacarpianos coa falanxe proximal correspondente. Cada unha das catro articulacións está reforzada por un ligamento palmar e por un lateral.
Movementos
Estas articulacións permiten movementos de flexión, extensión, adución, abdución e circundución. Tanto a abdución coma a adución son movementos moi limitados.
Músculos
Colaboran na flexión:
- músculo flexor común superficial dos dedos da man
- músculo flexor común fondo dos dedos da man
- músculos lumbricais
- músculos interóseos
- músculo flexor curto do maimiño
- músculo flexor longo do polgar da man e músculo flexor curto do dedo polgar no caso do dedo polgar.
Colaboran na extensión:
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.