Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A articulación mediocarpal é unha articulación do membro superior humano, establecida entre as dúas fileiras do carpo. O escafoide artéllase co óso trapecio e co óso trapezoide. O propio escafoide forma, xunto co óso semilunar e co óso piramidal unha cavidade, artellándose co óso grande e óso ganchudo, formando unha diartrodia.
A cavidade desta articulación é grande e irregular. A maior parte desta sitúase entre a superficie distal do escafoide, semilunar e piramidal e a superficie proximal dos ósos da fileira distal.
Está separada do pulso a través dunha serie de ligamentos pero unida ás articulacións carpometacarpianas a través de varios puntos comunicantes entre as membranas sinoviais. Non obstante, a cavidade dentre o primeiro óso metacarpiano e o carpo adoita ser totalmente independente. O espazo entre o cuarto e quinto metacarpianos e o óso ganchudo pode estar unido á articulación mediocarpal.
Esta articulación está reforzada por numerosos ligamentos, que unen os ósos do carpo entre si.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.