Arquieparquía católica maronita de Tiro
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A arquieparquía de Tiro (en latín: Archieparchia Tyrensis Maronitarum) é unha sé da Igrexa católica maronita inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Antioquía dos Maronitas. En 2010 tiña 42.500 fieis. O seu arcebispo é Xukrala Nabil al-Hax.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.796.714 (1970) | |||
Lingua usada | Lingua siríaca | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
A arquieparquía estende a súa xurisdición sobre os fieis maronitas do sur do Líbano. A sé arcebispal é a cidade de Tiro. O territorio está organizado en 22 parroquias.
A eparquía de Tiro, xunto coa de Sidón, remóntase ao século XVI: o sínodo do Monte Líbano de 1736 instituíu canonicamente a eparquía de Tiro e Sidón, que foi a sé propia do patriarca entre 1819 e 1837. A comezos do século XX a eparquía de Tiro-Sidón foi dividida en dúas circunscricións distintas.
En 1965 a eparquía de Tiro foi elevada ao rango de arquieparquía.
O 8 de xuño de 1996 cedeu parte do seu territorio para erixir a arquieparquía de Haifa e Terra Santa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.