Remove ads

A arquidiocese de Westminster (en latín: Archidiœcesis Vestmonasteriensis) é unha arquidiocese católica latina en Inglaterra, erixida como vigairía apostólica no século XVII. A arquidiocese ocupa a parte de Londres ao norte do río Támese e ao oeste do río Lea, así como o distrito de Spelthorne e o condado de Hertfordshire. A diocese foi erixida como sucesora da antiga diocese de Londres, suprimida en 1569.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Westminster
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 51°29′46″N 0°08′23″O
Poboación
Poboación4.914.400 (2017) Editar o valor en Wikidata (1.352,34 hab./km²)
Lingua usadalingua inglesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3.634 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de setembro de 1850 Editar o valor en Wikidata
CatedralCatedral de Westminster (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webrcdow.org.uk Editar o valor en Wikidata
Facebook: diocese.westminster Twitter: rcwestminster Youtube: UCGnMDCqLoB4APFuTRqHjXGw Vimeo: catholic Editar o valor en Wikidata
Pechar

As dioceses sufragáneas da arquidiocese de Westminster son as de Brentwood, Anglia Oriental, Northampton e Nottingham.

Remove ads

Historia

Antecedentes

A presente arquidiocese deriva da antiga diocese de Londres, cuxo derradeiro bispo morrera na cadea en 1569, nos anos que seguiron á reforma inglesa. A diocese foi suprimida e non sería restabelecida co mesmo nome.

Vigairía Apostólica de Inglaterra

En 1623, despois de 65 anos sen presenza católica formal no país, o papa Urbano VIII decidiu nomear un novo bispo con xurisdición sobre toda a illa de Gran Bretaña. Elixiu a William Bishop, que tomou o título de Vigairo Apostólico de Inglaterra. Bishop entrou en segredo no país, na medianoite do 31 de xullo de 1623, mais finou tan só nove meses máis tarde.

Bishop foi sucedido por Richard Smith, tamén ordenado bispo, que chegou a Inglaterra en abril de 1625. Porén, foron emitidas dúas ordes de arresto contra el en agosto de 1631, e viuse forzado a renunciar e a fuxir a Francia, onde morreu en París en 1655. Despois de 1631 non houbo ningún bispo católico na illa durante 54 anos, e as súas funcións foron en certa medida cubertas por un deán e un capítulo sen moito status legal, estabelecido inicialmente por Bishop e confirmado por Smith.

Non foi até 1685 que foi nomeado un sucesor. Foi elixido John Leyburn, Doutor en Teoloxía na Sorbona e antigo presidente do Colexio Inglés de Douai, quen foi consagrado bispo en Roma o 9 de setembro de 1685. En 1623 Bishop dividira Inglaterra en seis áreas, nomeando ao cargo de cada unha delas a un superior co título de vigairo xeral. Leyburn reduciu estas seis áreas a catro. No verán de 1687 viaxou polo norte do país e confirmou a máis de 20.000 católicos alí.

Vigairía apostólica do Distrito de Londres

O 20 de xaneiro de 1688 o número de bispos en Inglaterra foi elevado a catro polo papa, dividindo o territorio da vigairía apostólica en 4. A vigairía orixinal veu reducido o seu tamaño, e tomou o título de vigairía apostólica do Distrito de Londres, continuando como vigairo o mesmo John Leyburn.

Ao longo dos anos cedeu xurisdición nos territorios coloniais do Imperio, co establecemento das prefecturas apostólicas dos Estados Unidos en 1784, e de Nova Holanda en 1816.

Aínda que as vigairías foron novamente divididas co paso dos anos, e baixo persecucións intermitentes, a vigairía de Londres seguiu a existir até o 29 de setembro de 1850, cando o papa Pío IX promulgou a bula Universalis Ecclesiae, pola que se crearon 13 novas dioceses, entre elas a arquidiocese de Westminster.

Arquidiocese de Westminster

Thumb
O Arcebispo Vincent Nichols na cátedra arquiepiscopal.

A arquidiocese de Westminster substituíu a anterior vigairía. O vigairo, o bispo Nicholas Wiseman, recibiu o 29 de setembro de 1850 o título de Arcebispo Metropolitano de Westminster, e ao día seguinte foi nomeado cardeal.

Inicialmente as outras 12 dioceses foron erixidas como sufragáneas da de Westminster. Ademais, pola mesma bula, no territorio da vigairía foi erixida tamén a diocese de Southwark, hoxe arquidiocese.

O restablecemento da xerarquía foi acompañado de sínodos provinciais en 1852, 1855 e 1859, nos que se definiron un gran número de cuestións acerca dos capítulos, os reitores das misións, os colexios e os seminarios. Os sínodos foron presididos polo cardeal Wiseman, que introduciu en Londres a práctica devota das Corenta Horas, difundiu as vésperas cantadas e a adoración eucarística. Ao mesmo tempo, empeñouse na educación das clases pobres e fundou o primeiro reformatorio católico inglés.

O 28 de outubro de 1911 Westminster perde xurisdición metropolitana, logo da erección de tres novas provincias eclesiásticas en Inglaterra e Gales.

O 20 de xullo de 1917 a arquidiocese cede unha parte do seu territorio para a erección da diocese de Brentwood.

Remove ads

Episcopoloxio

Vigairos Apostólicos de Inglaterra

Vigairos Apostólicos do Distrito de Londres

Arcebispos de Westminster

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads