From Wikipedia, the free encyclopedia
Arnor, que en sindarin significa «terra do rei», (tamén coñecido como o Reino do Norte) é un reino ficticio do universo imaxinario de J. R. R. Tolkien. Fundado por Elendil o Alto tralo afundimento da illa de Númenor. O reino, que se estendía ó oeste da Terra Media e ocupaba case todo Eriador, limitaba ó norte co reino de Angmar e a baía de xeo de Forodwaith, ó oeste coas Montañas Azuis, ó leste coas Montañas Bretemosas e ó sur co río Gwathló.
Arnor | |
---|---|
Legendarium de J. R. R. Tolkien | |
Escudo de Arnor. | |
Arnor (vermello) na Terra Media, Terceira Idade 861. | |
Primeira aparición | O Señor dos Aneis |
Información | |
Tipo | Reino norteño dos numenorianos no exilio |
Gobernante | Reis de Arnor |
Localización | Norte da Terra Media |
Lugares | Capital: Annúminas |
Outros nomes | O reino do norte |
A capital do reino era Annúminas, onde se atopaba o cetro de Annúminas, símbolo do poder dos reis de Arnor, unha das palantír e o Anel de Barahir. Outros lugares importantes eran Emyn Beraid, Fornost, Prebe, Tharbad e Amon Sûl.
Houbo oito reis en Arnor, antes de que as liortas entre irmáns pola sucesión ó trono ocasionaran a división do reino en tres: Arthedain, Cardolan e Rhudaur. Estes tres reinos foron asolados polas tropas de Angmar, cuxo rei era o Rei Bruxo de Angmar, señor dos Nazgûl.
Trala Guerra do Anel e a coroación de Aragorn como rei do Reino Unificado, o reino empezou a súa reconstrución.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.