Arnold Vosloo

actor sudafricano From Wikipedia, the free encyclopedia

Arnold Vosloo

Arnold Vosloo, nado o 16 de xuño de 1962 en Pretoria (Suráfrica), é un actor de cine e televisión nacionalizado estadounidense. Vosloo acadou a fama pola súa actuación no filme The Mummy (1999) e The Mummy Returns (2001), onde interpreta o personaxe do título; tamén interpretou o coronel surafricano Coetzee no filme Diamante de sangue.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Arnold Vosloo
Thumb
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1962 (62 anos)
Pretoria, Suráfrica
EducaciónTshwane University of Technology (en)
Actividade
Ocupaciónactor de cinema, actor de teatro, actor de televisión
Período de actividade1984 -
Familia
PaisJohannes Daniel Vosloo   e Johanna Petronella Vorster Vosloo

Allocine: 29253 TV.com: people/arnold-vosloo IBDB: 72533
Pechar

Traxectoria

Logo de estudar interpretación na Performing Arts Council de Transvaal, Vosloo comezou a súa carreira no teatro, gañando varios premios Dalro polas súas interpretacións en obras como Don Juan, Hamlet e Môre is 'n Lang Dag. Ó pouco tempo converteuse nun actor regular do State Theatre de Pretoria.

En 1984, pasouse ó cine onde seguiu logrando distincións pola súa actuación en filmes como Boetie gaan Border toe. Vosloo tamén participou en Morenga (1985), Skeleton Coast (1987) e The Rutanga Tapes (1990).

O seu debut nun filme estadounidense ocorreu en 1492: Conquest of Paradise (1992). Despois apareceu nas dúas secuelas de Darkman (Darkman II: The Return of Durant de 1994 e Darkman III: Die Darkman Die de 1996), tomando o lugar de Liam Neeson como o personaxe do filme.

En 1999 Vosloo apareceu en The Mummy (protagonizada por Brendan Fraser) e máis tarde na súa secuela de 2001, The Mummy Returns; en ambos filmes interpretou a Imhotep, un sacerdote do Antigo Exipto.

Apareceu como o coronel mercenario Coetzee no filme Diamante de sangue (2006), que foi filmada en parte en Suráfrica.

En 2009 interpretou o mercenario Zartan en G.I. Joe: The rise of Cobra.

Filmografía

Máis información Ano, Filme ...
AnoFilmePapelNotas
1983Funny People IIel mesmo
1984Boetie gaan border toeBoetie
1985MorengaSchiller
1987Skeleton CoastBlade
Saturday Night at the PalaceDougie
Steel DawnMakker
1988Act of PiracySean Stevens
GorNorman
1989Reason to DieWilson
The RevengerMackie
1990Circles in a ForestSaul
Living to DieJimmy
The Rutanga TapesAssad
Buried AliveKen Wade
1992The Finishing TouchMikael Gant
1492: Conquest of ParadiseGuevara
1993Red Shoe Diaries 2: Double DareBill
Hard TargetPick van Cleaf
1994Darkman II: The Return of DurantDarkman/Dr. Peyton Westlake
1995American Gothic (serie de televisión)Rafael SantoSerie de televisión
Fallen AngelsMacManSerie de television
1996Nash BridgesAlex AbeSerie de televisión
Darkman III: Die, Darkman, DieDarkman/Dr. Peyton Westlake
1997Zeus and RoxanneClaude Carver
1998Rough DraftStefan
ProgenyDr. Craig Burton
1999Strange WorldO home do cabelo negroSerie de televisión
The MummyImhotep
2000CharmedDarklighterSerie de television
2001The Red Phone: ManhuntWolfPelícula para televisión
The Mummy ReturnsImhotep
2002Endangered SpeciesWarden
Con ExpressAnton Simeonov
Warrior AngelsLuke
Global EffectDr. Richard Hume
2003Veritas: The QuestVincent SiminouSerie de television
Superaxente Cody BanksFrancois Molay
The Red Phone: CheckmateWolfPelícula para a televisión
2004AliasMr. ZismanSerie de televisión
MeltdownKhalid/SandsFilme de televisión
ForgivenessTertius Coetzee
200524Habib MarwanSerie de televisión
Im Auftrag des VatikansLennartPelícula para televisión
2006Diamante de sangueCoronel Coetzee
2007Living & DyingDetective Rick Devlin
SharkAndre ZitofskySerie de televisión
2008Odysseus and the Isle of the MistsOdiseo
Serie de televisiónSharkAndre ZitofskySerie de televisión
2009ChuckVincentSerie de televisión
Fire and Ice: The Dragon ChroniclesKing Augustin
NCISMossad Oficial Amit HadarSerie de televisión
G.I. Joe: The Rise of CobraZartan
2011Vanilla Gorilla ?
The Precious OneKevin Stent
Four SaintsBarón de T’Serclaes
BonesJacob Ripkin BroadskySerie de televisión
Superman/Shazam!: The Return of Black AdamBlack Adam
All-Star SupermanBar-El
Young Justice Kobra
Pechar

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.