O piñeiro de Norfolk, araucaria da illa de Norfolk ou araucaria excelsa[1] (Araucaria heterophylla; sinónimo: A. excelsa) é unha conífera distintiva, membro da antiga familia Araucariaceae. O seu nome vernacular débese a que esta árbore, que non é un piñeiro, é endémica da illa Norfolk, Australia, aínda que actualmente está amplamente cultivada en todo o mundo polo seu valor ornamental. De grande porte, pode ser encontrada tanto en rexións frías como quentes.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Piñeiro de Norfolk

Araucaria de Norfolk
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Araucariaceae
Xénero: Araucaria
Especie: A. heterophylla
Nome binomial
Araucaria heterophylla
(Salisb.) Franco
Sinonimia

A. excelsa R. Br. ex Aiton, en parte (Silba 1986)
Dombeya excelsa D.Don
Eutassa heterophylla Salis

Pechar
Detalle das follas.

Coñécese tamén como piñeiro de Norfolk debido a que foi nesa illa perdida no océano Pacífico onde o lendario capitán Cook -o mariño inglés James Cook-, na súa segunda viaxe en 1774, descubriu os espléndidos bosques desta especie e informou debidamente ao almirantado. Os troncos de Araucaria heterophylla, rectos, fortes, de até 50 m de altura, foron uns bos mastros para a Real Armada inglesa.

O seu maior atractivo consiste na exacta simetría da ramaxe, xa que desde o recto tronco emite as súas pólas case horizontais ou levemente oblicuas, en número de cinco, formando pisos; o plano de cada piso é un pentágono perfecto. A follaxe está formada por follas con escamas. As follas son agullas, de 1 a 1,5 cm de lonxitude, cerca de 1 mm de espesura na base, en árbores novas, e encurvadas, de 5 a 10 mm de lonxitude. As piñas miden de 10 a 12 cm e de 12 a 14 centímetros de diámetro, e botan 18 meses para madurecer, cando se abren e liberan os piñóns, que son comestibles. O nome científico "heterophylla" ("diferentes follas") é pola variación das follas entre as plantas novas e as adultas.

É unha árbore dioica (froitos masculinos e femininos en distintas plantas), aínda que tamén pode ser monoica. Os froitos son conos globosos de até 12 cm de diámetro. A reprodución sexual da especie asegura a conservación da simetría, mentres que a obtención agámica de exemplares non podería asegurala.

A árbore adoita acadar alturas que van desde os 50 aos 80 m. En moitas partes do mundo son usadas como plantas decorativas de interiores (na súa etapa xuvenil), xa que é unha especie de crecemento lento.

Árbores senlleiras

O piñeiro de Norfolk da casa dos Tenreiro en Pontedeume figura no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia. No mesmo eido, hoxe terreo público, atópase o teixo dos Tenreiro, tamén senlleiro e centenario.

O outro piñeiro de Norfolk catalogado como árbore senlleira está no pazo de Rubiáns.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.