especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
A Aporia crataegi é unha especie de insecto lepidóptero da familia Pieridae.[1][2]
Aporia crataegi | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
O seu aspecto xeral é inconfundible, mostrando unha mancha discoidal de pequeno tamaño sobre un fondo totalmente branco, así como veas de cor negra no macho e pardas na femia.[3] O corpo é de cor gris escuro con antenas en forma de bastonciños.[4] As súas ás son redondeadas e teñen unha envergadura de entre 6 e 8 cm, o que a converte na especie de maior tamaño da súa familia.[4][5] As femias adoitan ser lixeiramente de maior tamaño e presentan nas ás áreas transparentes.[3] As eirugas son grises e peludas, cunha liña de cor negra sobre o dorso e manchas vermellas.[4]
Está amplamente distribuída, atopándose no norte de África, Oriente Medio e o resto de Asia entre 40 e 70° N até Xapón.[6] En Europa está presente na maior parte do continente, faltando en gran parte de Noruega e Suecia, illas do Atlántico, illas Baleares, Córsega, Sardeña, Creta e outras illas do Exeo, así como nas illas Británicas, lugar este último onde se atopa extinguida.[6]
As eirugas agrúpanse para hibernar, construíndo un niño conxunto.[5] Trala hibernación aliméntanse en pequenos grupos ou por separado.[6] A pupa suxéitase colgando das follas, ou en talos de gramíneas.[5][6]
Unha soa xeración (univoltina).[3] No sur de Europa desde mediados de abril a xuño e no norte de Europa desde finais de maio a principios de xullo, aínda que depende da altitude, tempada e localidade.[6]
A súa alimentación é diferente á doutras especies parecidas.[5] Aliméntase de árbores froiteiras e espiños, como a ameixeira (Prunus domestica), cerdeira (Prunus avium), pexegueiro (Prunus persica), amendoeira (Prunus amygdalus) e outros como o estripeiro (Crataegus monogyna), a pereira (Pyrus communis) e a maceira (Malus domestica).[4][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.