From Wikipedia, the free encyclopedia
O Antonov An-24 (ruso: Антонов Ан-24) (denominación da OTAN: Coke) é un avión de transporte turbohélice bimotor deseñado e fabricado na Unión Soviética por Antonov dende 1957.
Antonov An-24 | |
---|---|
Fabricante | Antonov |
Primeiro voo | 29 de outubro de 1959 |
Introducido | 1962 |
Estado | activo |
Unidades construídas | 1.367 |
O An-24 voou por vez primeira en 1959 e dende entón foron fabricados 1.367, dos que uns 800 continúan en servizo en todo o mundo, principalmente na CEI e África. Deses 800, 297 Antonov An-24 operaban en aeroliñas no ano 2010.
Foi deseñado para substituír o veterano transporte e pistóns Ilyushin Il-14 en viaxes de alcance curto e medio, optimizado para operar en pistas pouco preparadas de lugares remotos. O perfil de á alta protexe aos motores e aos compoñentes das ás de entullo, a relación potencia-peso e maior que na meirade parte dos avións da súa clase e o aparello é de constitución robusta, requirindo un equipo de apoio en terra mínimo.
Debiso á súa fuselaxe resistente e bo rendemento, o An-24 foi adaptado para realizar moitas misións secundarias como recoñecemento en zonas xeadas e banco de probas de motores e hélices, ademais de base para desenvolver o transporte táctico An-26, o o vión de vixilancia e mapeador fotográfico An-30, é o transporte táctico con motores máis potentes An-32. Foron previstos varios proxectos como un avión de pasaxeiros de catro reactores e alcance curto/medio e varias versións de motores.
A principal liña de produción estaba en planta de Kíiv-Svyatoshin, onde se fabricaron 985 unidades. 180 saíron de Ulan Ude e 197 An-24T construíronse en Irkutsk. A fabricación na Unión Soviética rematou en 1978.
A produción continuou na China pola Xi'an Aircraft Industrial Corporation que se fixo coa licenza para a súa fabricación, usou a enxeñería inversa e redeseñou o avión bautizándoo como Xian [Yunshuji] Y7. A fabricación do Y7, na súa versión civil, deu paso á do MA60, un derivado con motores e aviónica occidental.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.