Antonio Valcárcel López
avogado e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Valcárcel López de Lemos, nado en Ourense o 10 de setembro de 1887 e finado en Madrid o 28 de marzo de 1963, foi un avogado e escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1887 Ourense, España |
Morte | 28 de marzo de 1963 (75 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, escritor |
Traxectoria
Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística. Funcionario da Arrendataria de Tabacos. Dende o 1 de maio de 1914 encargouse da dirección de El Eco de Galicia da Coruña,[2] permanecendo no posto até o peche do xornal en 1916. Foi secretario da Cámara de Comercio da Coruña de 1916 a 1926. Elixido candidato a Cortes das Irmandades da Fala pola circunscrición da Coruña en 1918, finalmente retirouse a candidatura.[3] Durante o franquismo foi secretario do Consello Superior das Cámaras de comercio.
Obras
- Poesías, 1917
- O municipio galego, 1917.
- Cámaras de comercio, industria y navegación de España, 1962.
Vida persoal
Casou con Sofía Domínguez Fernández en 1915.
Casou con Josefina Iglesias Castro en 1939.
Recoñecementos
- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
- Medalla de Ouro ao Mérito das Cámaras de Comercio.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.