escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Peña Novo, nado en Vilalba o 22 de agosto de 1887[1] e finado no mesmo concello o 26 de agosto de 1969, foi un avogado, escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1887 Vilalba, España |
Morte | 26 de agosto de 1969 (82 anos) Vilalba, España |
Alcalde de Vilalba | |
31 de decembro de 1934 – marzo de 1936 ← Jesús Ramil Cillero – Marcelino Martínez Castro → | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político |
Familia | |
Irmáns | Lois Peña Novo Plácido Peña Novo |
O seu pai, Vicente Peña Rodríguez era un nome de negocios orixinario de San Sebastián de Devesos, Ortigueira, e que fixera fortuna na Habana;[1] a súa nai era María Novo Pardo, e tiveron 6 fillos: Dionisia, Carmen, o propio Antonio, Amparo, Plácido e Luís.[1]
Cursou estudos no seminario de Mondoñedo.[1] En 1911 editou o periódico El Ratón, e dende esa data colaborou na prensa local, en xornais de carácter anticaciquil e galeguista, con textos en prosa e verso. A partir de 1915 actuou en Vilalba como dinamizador cultural: participou na comisión creada para amañar a capela de san Roque; en 1918 foi un dos integrantes da Irmandade da Fala de Vilalba; promoveu sesións de cine e conferencias no Círculo de Artesáns.
A principios de 1930 participou na coalición Conjuncionista, unión de partidos de carácter liberal. Foi nomeado alcalde de Vilalba o 31 de decembro de 1934, permanecendo no cargo ata marzo de 1936. Finou en Vilalba o 26 de agosto de 1969.[2]
Casou en 1918 con Mercedes Rodríguez Prieto[4] e tiveron 3 fillas: Carmiña, Mercedes e Raquel.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.