From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Santi Giuseppe Meucci, nado en Florencia o 13 de abril de 1808 e finado en Nova York o 18 de outubro de 1889, foi un inventor italiano, coñecido como o creador do teléfono.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Antonio Santi Giuseppe Meucci 13 de abril de 1808 Florencia (Primeiro Imperio Francés) |
Morte | 18 de outubro de 1889 (81 anos) Staten Island, Estados Unidos de América |
Residencia | Staten Island (1850–1888) |
Educación | Academia de Belas Artes de Florença (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Electrodinámica clásica e químico |
Ocupación | inventor, físico |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Ester Mochi |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Estudou na Academia de Belas Artes da capital de Toscana, traballando posteriormente como empregado da alfándega e como técnico de escenarios no Teatro da Pergola, onde coñeceu á súa futura esposa, Ester Mochi.
Estudou enxeñería química e enxeñería industrial. Foi preso entre 1833-1834 por participar no movemento de liberación italiano. Casou no día 7 de agosto de 1834 con Ester Mochi. Despois foi acusado de participar na conspiración do Movemento de Unificación Italiana e foi preso novamente, durante tres meses.
En outubro de 1835 Meucci e a súa muller deixaron Florencia para nunca máis volver. Emigraron para o continente americano, parando primeiro en Cuba onde Meucci aceptou un emprego no Gran Teatro de Tacon na Habana. En 1850, Meucci e a súa muller emigraron para os Estados Unidos, e chegaron a Clifton (en Staten Island, preto da cidade de Nova York) onde Meucci viviu o resto da súa vida.
En 1856 Meucci construíu un teléfono eletromagnético para conectar o seu escritorio co seu cuarto localizado no segundo andar, por causa do reumatismo da súa esposa.
Pero , debido a dificultades financeiras, Meucci apenas conseguiu pagar a patente da súa invención. Acabou vendendo o prototipo do teléfono a Alexander Graham Bell, que en 1876 o patentou como invención súa. Meucci denunciouno, mais acabou falecendo durante o xuízo e o caso foi encerrado.
Así, Bell foi considerado durante moitos anos como inventor do teléfono, mais o traballo de Meucci foi recoñecido postumamente o 11 de xuño de 2002 cando o Congreso dos Estados Unidos aprobou a resolución Nº. 269 na cal se recoñeceu que o inventor do teléfono foi, na realidade, Meucci e non Alexander Graham Bell.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Meucci |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.