Os antiinflamatorios non-esteroides[1] (abreviado AINE) son un grupo variado e quimicamente heteroxéneo de fármacos principalmente antiinflamatorios, analxésicos e antipiréticos, os cales reducen os síntomas da inflamación, a dor e a febre. Todos eles exercen o seu efecto mediante a inhibición do enzima ciclooxixenase. Os antiinflamatorios naturais, segregados polo propio organismo, son os derivados dos corticoides, substancias de orixe esteroideo de potente acción antiinflamatoria, pero con importantes efectos secundarios.[2]
En oposición aos corticoides, o termo "non esteroideo" aplícase aos AINE para recalcar a súa estrutura química non esteroidea e a menor cantidade de efectos secundarios. O termo foi acuñado en 1960 por Michael W. Whitehouse.[3] Como analxésicos caracterízanse por non pertencer á clase dos narcóticos e actuar bloqueando a síntese de prostaglandinas.
Os efectos secundarios dependen do fármaco específico, pero en gran medida inclúen un maior risco de úlceras e hemorraxias gastrointestinales, presión arterial alta, problemas cardiacos e enfermidade renal.[4]
No mercado existen 2 tipos de AINEs dispoñibles, os clásicos, que actúan inhibindo principalmente á enzima ciclooxigenasa (COX) de modo non selectivo, inhiben por tanto os 2 subtipos, COX-1 e COX-2, e os selectivos para a COX-2, que contan con menos efectos secundarios gastrointestinais.[5]
Os AINEs máis coñecidos son a aspirina e o ibuprofeno. Neste último a dose máxima para adquirir nunha farmacia en España sen receita médica é de 400mg.[6] O paracetamol non se adoita incluír neste grupo xa que practicamente carece de acción antiinflamatoria.[7]
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.