From Wikipedia, the free encyclopedia
O anilingus, anilingua, bico negro ou rimming é unha actividade sexual oral e anal, onde a persoa estimula o ano doutra persoa coa boca (incluíndo beizos, lingua e dentes) e é feito en sexo heterosexual e homosexual para pracer, ou como humillación erótica.
O termo anilingus vén do latín anus, ano, e o termo lingus, lingua.
O pracer do anilingus é principalmente só ao principio do acto.[1][2] O ano ten unha concentración relativamente alta de finais nerviosos e pode ser unha zona eróxena, e o receptor pode recibir pracer de estímulo anal externo.
Estudos indican que o anilingus é unha práctica sexual rara entre mulleres homosexuais.
Anilingus poden implicar unha variedade de técnicas para estimular o ano, incluíndo bicarse ou lamber.
Os anilingus poden ser realizados nunha cantidade de posicións sexuais:
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O anilingus ten un grave risco para a saúde, xa que a boca está en contacto directo con posíbeis restos fecais. As enfermidades que poden ser transmitidas por contacto con feces inclúen: enfermidades bacterianas inclúen shigellosis; enfermidades sistémicas víricas inclúen hepatite A, hepatite B, hepatite C, poliomielite, Virus do papiloma humano (HPV) e virus de herpes; os parasitos inclúen parasitos intestinais; e infección de chlamydia de infeccións e inflamacións, gastroenterite, conxuntivite, gonorrea e outras infeccións sexualmente transmitidas.[Cómpre referencia]
Entre as prácticas de sexo seguras poderíanse incluír lavado completo da rexión anal antes do anilingus para lavar as partículas fecais externas. Unha lavativa tamén podería reducir o risco de contacto fecal directo.[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.