Remove ads
actor uruguaio From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrés Pazos, nado o 16 de xullo de 1945 en Santiago de Compostela e finado o 13 de xaneiro de 2010 en ibídem, foi un actor galego que viviu no Uruguai dende a súa mocidade.
Nome orixinal | (es) Andrés Pazos Pérez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de xullo de 1945 Santiago de Compostela, España |
Morte | 13 de xaneiro de 2010 (64 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Instalouse no Uruguai na súa mocidade, e pasou alí a maior parte da súa vida, graduouse na escola de teatro de El Galpón, tradicional compañía teatral de Montevideo. Tamén colaborou na fundación de La Gaviota, colectivo teatral onde se desempeñou entre 1973 e 1985. Con El Galpón estivo exiliado en México durante a ditadura militar que gobernou Uruguai, actuando en varias producións da compañía como "Rasga Corazón" (1989), do brasileiro Oduvaldo Viana Filho. Na década de 1990, Andrés Pazos volveu a Galicia, onde integrou o Centro Dramático Galego (CDG), da cidade de Santiago de Compostela, onde actuou e dirixiu varias producións. Nos últimos anos da súa vida, moveuse entre España, Uruguai e a Arxentina, traballando en teatro e cine. Chegou a ser moi coñecido polo seu papel de Jacobo na multipremiada Whisky, dos directores Pablo Stoll e Juan Pablo Rebella (2004). Tamén traballou en ¿Quién dice que es fácil? (2007), de Juan Taratuto. Morreu en Santiago de Compostela aos 65 anos de idade a consecuencia dun cancro.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.