Andrés Lago

xuíz galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Andrés Lago Louro, nado en Louro (Muros)[1] o 16 de febreiro de 1973,[2] é un xuíz galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Andrés Lago
Biografía
Nacemento(es) Andrés Lago Louro
16 de febreiro de 1973 (51 anos)
Louro, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónxuíz

Dialnet: 168882
Pechar

Traxectoria

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na carreira xudicial no ano 2004, e desde entón ocupou diversos xulgados como o Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión, o número 1 de Cistierna (León), e o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.[3]

Entre outros, foi o xuíz instrutor dos xuízos polo caso Orquesta[4], o accidente de Angrois[3] ou a denuncia dos doentes afectos pola hepatite C contra o SERGAS.[5]

É profesor da Universidade de Santiago de Compostela no mestrado de Avogacía.[6] Foi elixido xuíz decano de Santiago de Compostela en 2018 e reelixido no cargo en 2022.[7]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.