Anápolis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Anápolismap

Anápolis é unha cidade brasileira do estado de Goiás, a terceira en número de poboación. Sitúase a uns 54 km de Goiânia e a 160 km de Brasilia, coas que conecta por estrada.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Anápolis
Imaxe

Localización
 16°19′37″S 48°57′10″O
EstadoBrasil
Unidades da federaciónGoiás
Poboación
Poboación288.085 (2000) (313,69 hab./km²)
Xeografía
Superficie918,375 km²
Altitude1.017 m
Comparte fronteira con
Creación1887
Organización política
Órgano lexislativocâmara municipal de Anápolis (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 23)
Identificador descritivo
Código postal75000-000
Fuso horario
Prefixo telefónico62
Código de concello do Brasil5201108
Outro
Irmandado con

Sitio webanapolis.go.gov.br
Pechar

Economía

Thumb
O centro de Anápolis.

Anápolis posúe un expresivo parque industrial, con 760 establecementos, destacando as industrias farmacéuticas, químicas e agroindustria. O seu subsolo posúe depósitos de auga, minería de cromo, talco, gneis e micaxisto. A súa gandaría ten 867.000 bovinos e 77.830 suinos, e o seu comercio e servizos son compatíbeis cos dunha cidade do seu tamaño.

Thumb
Anápolis á noite.

Para facilitar as exportacións a outros países, funciona na cidade un dos chamados portos secos, que consisten en grandes almacéns nos cales hai o acceso de funcionarios da Aduana brasileira. Estes funcionarios inspeccionan as mercadorías antes de poñelas en camións ou nos trens rumbo ós portos. Isto economiza tempo para as empresas nos trámites de exportación.

Pero Anápolis é máis coñecida por ser sede dunha base estratéxica da Forza Aérea Brasileira onde fican os xatos[Cómpre clarificar] do tipo Mirage III, de fabricación francesa, que son usados na defensa de Brasilia e do espazo aéreo brasileiro en misións de interceptación.[Cómpre referencia] Estes poden chegar aos puntos máis distantes do territorio brasileiro en pouco máis de dúas horas.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.