American Pie (serie de filmes)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

American Pie é unha serie de filmes en clave de comedia dirixidos a adolescentes concibidos por Adam Herz.

Desenvolvemento

O primeiro filme da franquía tivo a súa estrea o 9 de xullo de 1999 producido por Universal Pictures e distribuído por Universal Studios, converténdose nun fenómeno internacional de cultura popular, que propiciou a aparición de dúas secuelas para cine nun intervalo de dous anos, e desde 2005 realizáronse catro filmes máis para o mercado do vídeo. A serie orixinal contou cun presuposto orixinal de 95 millóns de dólares, recadando 754 millóns en todo o mundo.

Remove ads

Argumento

Ao longo da serie orixinal, Jim Levenstein (Jason Biggs) mantén unha relación con Michelle Flaherty (Alyson Hannigan), e xunto cos seus mellores amigos Kevin Myers (Thomas Ian Nicholas), Paul Finch (Eddie Kaye Thomas) e Chris Ostreicher (Chris Klein), intenta perder a súa virxindade. No segundo e terceiro filmes, con Steve Stifler (Seann William Scott), os amigos celebran unha festa de verán e planean a voda entre Levenstein eFlaherty. Os filmes de vídeo céntranse en familiares de Stifler, como o seu irmán Matt (Tad Hilgenbrink) e os seus primos Erik (John White), Dwight (Steve Talley), Scott (John Patrick Jordan), e os seus respectivos amigos realizando actividades semellantes.

Remove ads

Personaxes

Máis información Personaxe, Película ...


Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads