From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Altostratus ou altostratos[1], abreviadamente As, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterizan por constituíren unha lámina ou capa agrisada ou azulada, de aspecto estriado, fibroso ou uniforme, que cobre por enteiro ou parcialmente o ceo, como unha gran saba. Teñen partes delgadas dabondo que permiten distinguir vagamente o Sol. A diferenza dos Cirrostratus non producen halo.
Adoitan ser o groso dunha fronte cálida e atopánse mesturados cos Nimbostratus na súa parte máis activa. Tamén poden formar parte da sección media e baixa dun Cumulonimbus. Sitúanse a entre 3 e 7 quilómetros de altura e o seu espesor varía entre 1 e 4 quilómetros. Asociados ás frontes cálidas adoitan orixinar chuvias ou nevaradas febles. Unha precipitación característica dos altostratos é a virga, precipitación líquida ou sólida que se evapora antes de chegar ao chan. Son nubes medias que se forman entre 3 e 7 quilómetros de altitude.
Non ten.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.