Alonso Sánchez Coello
artista español From Wikipedia, the free encyclopedia
artista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Alonso Sánchez Coello, nado en Benifairó de les Valls, Valencia, c. 1531 e finado en Madrid o 8 de agosto de 1588, foi un pintor español, pintor de cámara de Filipe II.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1531 Benifairó de les Valls, España |
Morte | 8 de agosto de 1588 (56/57 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintor |
Xénero artístico | Retrato |
Movemento | Renacemento hispánico |
Familia | |
Fillos | Isabel Sanchez Coello |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) The Nuttall Encyclopædia >>>:Coello |
A súa formación como artista comezou en Lisboa, como protexido polo rei Xoán III. Marchou despois a Flandres, onde estudou con Antonio Mouro. En 1555 estaba de regreso en España, onde se converteu no retratista da familia real e da súa contorna máis próxima. A súa filla, Isabel Sánchez, pupila súa, foi unha importante retratista.
Era admirador de Tiziano, como el, experto en retratos e figuras sinxelas e dun detallismo propio de Velázquez. Entre a súa obra, atópanse diversas escenas relixiosas para a igrexas e os nobres da corte, aínda que a súa fama débea aos retratos, todos eles da familia real ou a súa contorna próxima. Son retratos de gran sinxeleza nos que reflicte sen artificio aos personaxes, case sempre situados ante un fondo neutro (unha cortina de cor escura) que acentúa as cores e calidades das roupaxes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.