compositora austríaca From Wikipedia, the free encyclopedia
Alma Mahler-Werfel, nada o 31 de agosto de 1879 como Alma María Margaretha Schindler en Viena e finada o 11 de decembro de 1964 en Nova York, foi unha compositora austríaca.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Nome orixinal | (de) Alma Mahler-Werfel |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Alma Maria Schindler 31 de agosto de 1879 Viena, Austria |
Morte | 11 de decembro de 1964 (85 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | cemiterio de Grinzing |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes escénicas |
Ocupación | compositora, modelo, escritora, biógrafa, pintora, coleccionista de arte |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Alexander von Zemlinsky (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Franz Werfel (1929–1945), morte do cónxuxe Walter Gropius (1915–1920), divorcio Gustav Mahler (1902–1911), morte do cónxuxe |
Parella | Oskar Kokoschka |
Fillos | Maria Anna Mahler () Gustav Mahler Anna Mahler () Gustav Mahler Manon Gropius () Walter Gropius |
Pais | Emil Jacob Schindler e Anna Sophie Schindler |
Cronoloxía | |
restitution of Nazi-looted art (en) | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dictionary of Women Worldwide Women Writers of Germany, Austria, and Switzerland (en) , (p.245-246) >>>:Werfel, Alma Mahler |
Páxina web | alma-mahler.com… |
Educouse na súa propia casa baixo a supervisión do seu pai, Emil Jakob Schindler, un pintor de paisaxes. Casou con Gustav Mahler en 1902. Das súas dúas fillas, só sobreviviu Anna Mahler, escultora. En 1910, persuadiu a Mahler para seleccionar e publicar cinco das súas cancións. Publicou outras coleccións de cancións en 1915 e 1924, ano no que publicou a súa edición de cartas e o manuscrito facsímile da súa incompleta décima sinfonía. Nese momento mantiña unha relación co pintor Oscar Kokoschka, e casou e divorciouse do arquitecto Walter Gropius. En 1929 casou co seu terceiro marido, o poeta e novelista Franz Werfel, con quen posteriormente fuxiu da Austria nazi a través de Francia, cara a América, chegando alí en 1940. En California Alma converteuse nunha anfitrioa da comunidade emigrada que incluía a Thomas Mann, Bruno Walter e Arnold Schoenberg. Mantivo un estilo de vida similar en Nova York despois da morte de Werfel en 1945 ata que morreu en 1964 e foi enterrada xunto á súa filla, Manon en Grinzing, preto de Viena.
A fama de Alma Mahler débese en primeiro lugar aos seus matrimonios e os seus affaires cos máis grandes artistas da súa época, o máis notable deles Gustav Mahler, de quen tomou o seu apelido. Como compositora, escribiu pouco e só se conservan dezaseis lieder.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.