Chámase algoritmo de compresión con perda a calquera procedemento dirixido a representar unha certa cantidade de información utilizando menos da mesma, facendo imposible unha reconstrución exacta dos datos orixinais.
Uso
A compresión con perda é útil só cando a reconstrución exacta non é esencial para a información significativa. A información reconstruída é só unha aproximación da información orixinal. Xeralmente restrinxida a información analóxica que foi dixitalizada (imaxes, son, vídeo etc.), onde a información pode ser "semellante" e, ó mesmo tempo, ser subxectivamente a mesma. A súa maior vantaxe son as altas taxas de compresión ofrecida ao contrario dun algoritmo de compresión sen perdas.
Técnicas comúns de compresión con perda
- Por códecs de transformación: os datos orixinais son transformados de maneira que se simplifican (sen posibilidade de regreso ós datos orixinais), creando un novo conxunto de datos que poden ser levados a altas razóns de compresión sen perda.
- Por códecs predictivos: os datos orixinais son analizados para predicir o comportamento dos mesmos. Despois compárase esta predición coa realidade, codificando o erro e a información necesaria para a reconstrución. Novamente, o erro é proclive a altas razóns de compresión sen perda.
Nalgúns casos utilízanse ambas, aplicando a transformación ó resultado da codificación preditiva.
Este sistema de compresión úsase en compresores de imaxes (JPEG), en formatos de vídeo (Flash, MP4, MPEG-1, MPEG-2, MPEG-4) e en formatos de son (AAC, MP2, MP3, WMA).
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.