médico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfredo Pío Ramos López, nado en Camporrapado (Silleda) en 1898 e finado na vila de Silleda o 18 de xullo de 1960, foi un médico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Camporrapado, España |
Morte | 18 de xullo de 1960 (61/62 anos) Silleda, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1925. En Madrid realizou estudos de Odontoloxía e especializouse en Obstetricia e Xinecoloxía. Foi concelleiro de Silleda durante a Segunda República. Obtivo a praza de Medicina xeral en Silleda, onde foi coñecido por exercer a súa profesión desinteresadamente, acudindo polas parroquias a pesar das malas comunicacións e escasos medios da época.
Trala súa morte, o pobo de Silleda levantoulle un busto da súa persoa en recoñecemento dos seus méritos como médico[1]. "Os veciños do municipio de Silleda ao Médico D. Alfredo Ramos López, como testemuño de agradecemento" reza a inscrición que ten este busto.
Casou en 1942 coa mestra Mª Luisa Regina Mosquera Martínez, irmá de Fernando Mosquera Martínez, alcalde de Silleda entre 1967 e 1971.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.