Remove ads
historiador e mestre galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfredo García Alén, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1923 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1981[1], foi un historiador e mestre galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1923 Pontevedra, España |
Morte | 16 de xaneiro de 1981 (57 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | historiador, mestre |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Adela Acosta |
Fillos | Alfredo, Jose Luis e Carlos Alberto García Acosta |
Pais | Alfredo García Hermida e María Alén Solla |
Irmáns | Luciano García Alén |
Fillo dos mestres pontevedreses María Alén Solla e Alfredo García Hermida, foi irmán de María Rita, Inés, Luciano, Celia, Vicente, Margarita, Francisco, Carlos e Roberto García Alén. Comezou con 15 anos colaborando no Museo Provincial de Pontevedra, obtendo por oposición ós 25 anos a praza de auxiliar de secretaría, sendo seis anos despois secretario. Obtivo os títulos de Bacharelato e Mestre, e as licenciaturas de Dereito e Filosofía e Letras. Doutorouse cunha tese sobre Cerámica popular gallega.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega, do Instituto Padre Sarmiento e do Museo do Pobo Galego, e mestre no Instituto de Pontevedra (o que agora é o IES Sánchez Cantón). Foi director adxunto do Museo de Pontevedra e secretario técnico de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Estudou a prehistoria, o folclore e a antropoloxía galegas, pronunciando moitas conferencias e escribindo moitos artigos sobre diversos temas (numismática, etnografía ou a Virxe da Peregrina).
Casou con Adela Acosta e foi pai de Alfredo, Jose Luis e Carlos Alberto García Acosta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.