guionista e director de cinema galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfredo García Pinal, nado no Carballiño en 1962, é director de cine e guionista galego. É coñecido por codirixir Urxa (1989), a súa única longametraxe, con Carlos Piñeiro. Actualmente é profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e na Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) O Carballiño, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Empregador | Universidade de Vigo Escola de Imaxe e Son de Vigo |
Licenciado en Ciencias da información (Rama de Imaxe) pola Universidade Complutense de Madrid. Crítico de cine no xornal La Voz de Galicia (edición de Pontevedra) baixo o pseudónimo de “8 y cuarto” ó longo de catro anos (1983-1987). Participou activamente -colaborando ou dirixindo- en boa parte das curtametraxes cinematográficos da década dos 80. En 1989 codirixiu Urxa, a súa única longametraxe, con Carlos Piñeiro.
En 1993 funda en Pontevedra a empresa "Síntese Video Infografía", que produce animación 3D para vídeo e publicidade. A partir dese ano, alterna a produción infográfica coa realización free-lance de anuncios publicitarios e vídeos corporativos e institucionais.
Actualmente é profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, da EGACI (Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia), onde imparte a sinatura de dirección, e na EISV (Escola de Imaxe e Son de Vigo).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.