político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alejandro González Olivares Antuñano, nado en Santiago de Compostela o 9 de setembro de 1840 e finado en Vilagarcía de Arousa o 23 de marzo de 1901, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1840 Santiago de Compostela, España |
Morte | 23 de marzo de 1901 (60 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Gobernador civil da provincia de Lleida | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Foi gobernador civil de Lleida (1868) e Ourense (1869). Foi elixido deputado polo distrito de Xinzo de Limia nas eleccións de 1869. Volveu ser elixido polo distrito da Pobra de Trives en 1872 como membro do Partido Demócrata-Radical. Nas eleccións de 1884 foi elixido polo distrito do Carballiño. Foi nomeado intendente de Facenda en Cuba en 1885. Nas eleccións de 1891 foi elixido deputado polo distrito de Lalín. Membro do Partido Liberal, en 1893 foi elixido senador pola provincia de Lugo, foi reelixido en 1898, pero renunciou ao cargo. Finou en Vilagarcía de Arousa o 23 de marzo de 1901.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.