Alcázar dos Reis Cristiáns

From Wikipedia, the free encyclopedia

Alcázar dos Reis Cristiánsmap

O Alcázar dos Reis Cristiáns, é un edificio de carácter militar ordenado construír polo rei Afonso XI de Castela no ano 1328, sobre construcións anteriores (o Alcázar andalusí, antes residencia do Gobernador Romano e a Aduana, situada nunha das marxes do río Guadalquivir), en Córdoba, España. O conxunto arquitectónico ten un carácter sobrio no seu exterior e espléndido no seu interior, cos magníficos xardíns e patios que manteñen unha inspiración mudéxar.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Alcázar dos Reis Cristiáns
Thumb

Tipoalcázar
Parte deCentro Histórico de Córdoba
Localización
Thumb
 37°52′36″N 4°46′53″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaCórdoba
ConcelloCórdoba
Persoas e organizacións
Propietario/aCâmara Municipal de Córdova (pt)
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data6 de abril de 1931
IdentificadorRI-51-0000526
Contacto
Páxina WEBalcazardelosreyescristianos.cordoba.es…
Redes
[ Wikidata ]
Pechar

O Alcázar está declarado Ben de Interese Cultural dende o ano 1931.[1] Forma parte do centro histórico de Córdoba que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994.[2]

Historia

Tras a conquista castelá da cidade, o soar ocupado polo antigo alcázar andalusí foi repartido entre o rei Fernando III, o bispo, algúns nobres e a orde de Calatrava. Foi decidida a súa fortificación entre o ano 1328 e 1329, polo rei castelán Afonso XI, sobre construcións anteriores.

Aloxamento de reis nas súas estancias de Córdoba, os Reis Católicos pasaron máis de oito anos na fortaleza, dirixindo dende a mesma, a campaña contra o Reino de Granada. Nestas mesmas dependencias (Torre da Homenaxe), Cristovo Colón solicitou fondos para a súa aventura marítima no ano 1486, así como viron o nacemento dun dos seus fillos, a infanta dona María de Aragón, futura raíña de Portugal.[3]

Tras a campaña de Granada e a finalización das campañas contra os musulmáns en España, os Reis Católicos cederon o inmoble ás autoridades eclesiásticas, as cales o converteron en Tribunal do Santo Oficio, perdendo entón o seu carácter palaciano. En 1812, e tras a abolición por parte das Cortes Constituíntes de Cádiz do Tribunal da Inquisición, converteuse en cárcere civil ata que no ano 1931, destinouse a instalacións militares, os cales o cederon no ano 1955 ao Concello de Córdoba.

Actualmente o Alcázar é sede de diferentes eventos municipais, como a celebración de vodas civís impartidas por diferentes edís cordobeses, así como ser sede e exposición de presentacións varias.

Exterior

Torres

Atópase rematado por catro torres (Pomba, Leóns, Homenaxe e Inquisición), dando ao edificio unha forma case cadrada.[4]

  • A torre da Homenaxe, de planta octogonal, atópase na esquina nordés. Anteriormente tamén foi coñecida como torre do Reloxo debido a un reloxo que houbo na mesma.[5]
  • A torre dos Leóns, de planta cadrada, atópase na esquina noroeste. Na base desta torre áchase actualmente a porta pola que entran os visitantes. É a torre máis antiga, datando do século XIII.[6] Recibe o seu nome dunhas gárgolas con forma de león que se atopan no seu parte superior.[6][7] No seu interior atopamos dúas plantas; na planta baixa áchase a recepción e na alta está a capela de San Eustaquio, que serviu de capela aos reis católicos.[8]
  • A torre da Inquisición, de planta circular, atópase na esquina suroeste. Recibe o seu nome do feito de que durante séculos almacenace o arquivo do Tribunal da Santa Inquisición.[9] Tamén foi coñecida como torre dos Xardíns.[9]
  • A torre da Pomba, de planta cadrada, atópase na esquina sueste. A torre orixinal foi demolida a mediados do século XIX, sendo a actual unha reconstrución que data da segunda metade do século XX.[10] Tamén foi coñecida como torre da Vela.[10]

Interior

Salón dos Mosaicos

Thumb
Salón dos Mosaicos.
Thumb
Patio mourisco.
Thumb
Sala de recepcións.

A sala principal do edificio, construída no século XVIII, denomínase "Salón dos Mosaicos", xa que nela pódense admirar os impresionantes mosaicos atopados a finais dos anos 50 na Praza da Corredera e que formaban parte do circo romano, así como un sarcófago do século III. Na actualidade trátase dun lugar moi solicitado polos cordobeses para contraer matrimonio civil.[4][11]

No subsolo da actual planta, é posible atopar aínda restos dos que se cren era baños reais utilizados polos altos dignatarios da época musulmá.

Patio mourisco

O patio mourisco, tamén coñecido como patio mudéxar, atópase no lado occidental do alcázar. É de planta cadrada e atópase rodeado de galerías arcadas, excepto na súa cara oeste, onde se acha a muralla que conecta a torre dos Leóns coa da Inquisición e a través da cal se pode acceder aos xardíns do alcázar. O patio posúe no seu centro unha fonte con chafariz e dous estanques situados a ambos os dous lados do mesmo.

Patio das mulleres

O patio das mulleres, tamén coñecido como patio oriental, atópase no lado oriental do alcázar. Recibe o seu nome da época na cal o alcázar foi utilizado como cárcere, xa que neste patio era onde se atopaba a sección feminina da mesma. Neste patio áchanse restos arqueolóxicos das distintas fases construtivas do alcázar así como dos edificios precedentes, o castellum romano e o alcázar andalusí.[12]

Sala de recepcións

A sala de recepcións, tamén coñecida como sala do Océano, é un cuarto de planta cadrada situada xunto ao salón dos mosaicos.[13] Nun dos seus muros áchase incrustado un mosaico romano dedicado ao deus Océano.[13] Tamén se atopan aquí algúns sitiales do antigo coro capitular, que datan do século XVII.[13]

Baños reais de Dona Lionor

Foron construídos en 1328 polo rei Afonso XI. Están estruturados en catro salas: sala de vestiario, sala fría, sala tépeda e sala quente.[14] Recibe o seu nome de Lionor de Guzmán, amante do rei en cuxa honra se construíron os baños.[14]

Xardíns do Alcázar

A antiga Horta do Alcázar transformouse nunha impresionante superficie de aproximadamente 55.000m² de magníficos xardíns con especies como palmeiras, alciprestes, laranxeiras e limoeiros, que rodean a unhas elegantes fontes e estanques. Os xardíns estrutúranse en tres niveis: o xardín alto, o xardín medio e o xardín baixo.

O paseo dos Reis é un paseo bordeado por unha fila de alciprestes cilíndricos e dividido en dous por dous estreitos estanques. Neste paseo áchanse varias esculturas dos reis que construíron o alcázar, situadas sobre pedestais repartidos entre as sebes.[15]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.