From Wikipedia, the free encyclopedia
Agota Kristof ou Ágota Kristóf, nada en Csikvánd o 30 de outubro de 1935 e finada en Neuchâtel o 27 de xullo de 2011, foi unha escritora húngara. Residiu en Suíza e escribiu en lingua francesa.
![]() (2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1935 Csikvánd, Hungría (pt) |
Morte | 27 de xullo de 2011 (75 anos) Neuchâtel, Suíza |
Lugar de sepultura | Kőszeg (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, Prosa e poesía |
Ocupación | escritora, dramaturga, poetisa |
Período de actividade | 1986 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Marchou do seu país con 21 anos, cando a revolución húngara foi asolagada polas tropas do pacto de Varsovia, marchando co seu marido (profesor de historia na escola) e a súa filla de 4 meses a Neuchâtel. Logo de 5 anos traballando nunha fabrica, separouse do seu marido e deixou o traballo, comezando a estudar francés e a escribir nese idioma.
Os seus primeiros pasos como escritora foron no ámbito da poesía e o teatro (John et Joe, Un rat qui passe), malia ser unha das facetas da súa obra con menor impacto. En 1986 aparece a súa primeira novela, O gran caderno. A secuela titulada Le Preuve chegou 2 anos despois. En 1991 apareceu a terceira parte, Le Troisième mensonge.
Agota Kristof recibiu o premio europeo á literatura francesa por O gran caderno, sendo esta obra traducida a máis de 30 idiomas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.