Afrocolombiano

grupo étnico de Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia

Afrocolombiano

Os afrocolombianos son un grupo étnico de colombianos que teñen ascendencia subsahariana de maneira predominante ou total.[6] Nos censos nacionais de Colombia, os afrocolombianos son recoñecidos dentro de tres grupos oficiais: os raizais, os palenqueros e outros afrocolombianos.

Datos rápidos Poboación, Valle del Cauca ...
Afrocolombiano
Thumb
Proporción de afrocolombianos en cada concello segundo o censo colombiano de 2005.

     72,7% - 100%      45,0% - 72,6%      20,4% - 44,9%      5,8% - 20,3%      0,0% - 5,7%

     Sen datos
Poboación
Poboación total:
4 944 400 (censo de 2018)[1][2]
9,34% da poboación de Colombia

  c 7 800 000 (estimación)
~15% da poboación de Colombia[3]
15%–26%[3][4][5] dos colombianos (fontes externas)
Rexións principais:
Valle del Cauca647 526
Chocó337 696
Bolívar, Colombia319 396
Antioquia312 112
Cauca245 362
Aspectos culturais
LinguaCastelán colombiano, crioulo palenquero e crioulo sanandresano
RelixiónCatolicismo (maioritario)
Grupos
relacionados
Afroamericano
Pechar

A achega das súas expresións na vida nacional é salientable. A cumbia, un dos ritmos nacionais, e o sancocho,[7] o prato típico máis estendido, non existirían sen a súa participación. O nome de Macondo, central na creación de Gabriel García Márquez, ten orixe africana. Entre as achegas que a UNESCO recoñece como Patrimonio Inmaterial da Humanidade[8] está a festa de San Pacho en Quibdó,[9] a música de marimba do sur do Pacífico e os cantos tradicionais ao longo do Pacífico,[10] o espazo cultural de Palenque de San Basilio[11] e o entroido de Barranquilla.[12]

A súa historia comeza coa escravitude de africanos traídos a Colombia polos españois e os británicos na primeira década do século XVI. Contra 1520, os africanos eran traídos de lugares como o Congo, Angola, o Camerún, Ghana, Liberia, Gambia, Costa do Marfil, Guinea-Bissau, Serra Leoa, o Senegal e Malí[13] para substituír a poboación indíxena que diminuía rapidamente. A súa poboación medrou exponencialmente coa trata transatlántica ou comercio triangular. O longo proceso de manumisión comezado en 1851 só beneficiou os seus escravizadores,[14] mais foi o comezo dun poboamento e repoboamento libre que hoxe chega a representar o 90% da poboación na costa do Pacífico colombiano.[15] Outras rexións do país teñen porcentaxes importantes, como os máis de 110 mil afrodescendentes en Bogotá (datos de 2013).[16]

Contra mediados do século XX a poboación negra atopábase na súa maioría nas dúas costas do país; nos departamentos do Pacífico (Cauca, Chocó, Nariño e Valle del Cauca) e nos da costa Caribe (Antioquia, Atlántico, Bolívar, Cesar, Córdoba, La Guajira, Magdalena, San Andrés e Sucre). Durante o último medio século, un importante sector da poboación negra instalouse nas principais cidades do país. Colombia é actualmente o país de fala hispana con maior poboación afrodescendente, e o cuarto de América despois do Brasil, os Estados Unidos e Haití.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.