Remove ads

O aeroporto da cidade de Toronto Billy Bishop (IATA: YTZ, OACI: CYTZ) é un pequeno aeroporto internacional canadense situado nas illas de Toronto, en Toronto, Ontario. Tamén é coñecido como aeroporto das illas de Toronto e anteriormente era coñecido como aeroporto Port George VI Island e aeroporto Toronto City Centre; o último nome aínda pode atoparse en sinais preto das súas instalacións. Está bautizado na honra de Billy Bishop, o as canadense da primeira guerra mundial e receptor da Cruz Victoria e Mariscal do Aire durante a segunda guerra mundial. É usado por aviación civil, ambulancias aéreas e aeroliñas rexionais usando avións turbohélices. No ano 2016 foi o noveno aeroporto máis concorrido do Canadá e o terceiro de Ontario en número de pasaxeiros.[1]

Datos rápidos Billy Bishop Toronto City Airport, IATA: YTZ – ICAO: CYTZ ...
Aeroporto da cidade de Toronto Billy Bishop
Billy Bishop Toronto City Airport
Thumb

Thumb

IATA: YTZ ICAO: CYTZ
Sumario
Tipo público
Operador PortsToronto
Cidade/Illa Toronto
Localización Illas de Toronto
Elevación (msnm) 77 metros / 252 pés
Coordenadas
Web billybishopairport.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06/24 750 2 460 asfalto
08/26 1 216 3 988 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 2 700 000
Pechar
Remove ads

Aeroliñas e destinos

Máis información Aeroliñas, Destinos ...
AeroliñasDestinos
Air Canada ExpressMontreal-Trudeau
FlyGTA AirlinesBarrie-Orillia/Lake Simcoe,[2] St. Catharines/Niagara,[3] Kitchener/Waterloo[4]
Pascan AviationMontreal/Saint-Hubert
Porter AirlinesBoston, Chicago-Midway, Fredericton, Halifax, Montreal-Trudeau, Newark, Otava, Quebec, Saint John, Sault Ste. Marie, San Xoán de Terra Nova (NL), Sudbury, Thunder Bay, Timmins, Washington-Dulles, Windsor
Estacional: Burlington (VT), Mont Tremblant, Myrtle Beach, Orlando/Melbourne
Pechar
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads