Río Adour
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Adour (en vasco Aturri e en occitano Ador) é un río francés da Gascoña, Occitania que verte as súas augas no Atlántico logo dun curso de 335 km.
Tipo | río principal río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Francia | |||
Localización | La Mongie (en) | |||
Final | ||||
División administrativa | Pireneos Atlánticos, Francia | |||
Localización | Anglet e Tarnos | |||
Desembocadura | Océano Atlántico | |||
| ||||
Afluentes | 42 | |||
Conca hidrográfica | Adour basin (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 5 m | |||
Dimensións | 308 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 16.912 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 350 m³/s | |||


Percorrido
Nace nos Pireneos no Pic de Midi de Bigorre, fluíndo desde aí cara ao oeste en busca do océano Atlántico, no cal desemboca, en Laburdi, augas abaixo da cidade de Baiona, practicamente en Anglet.
É o cuarto río máis importante de Francia dos que tributan ás súas augas na fachada atlántica, despois do Sena, o Loira e o Garona, aínda que a súa lonxitude é superada por ríos afluentes como o Dordogne.
Departamentos e localidades principais que atravesa
- Altos Pireneos: Bagnères de Bigorre, Tarbes, Maubourguet
- Gers: Riscle
- Landes: Aire-sur-l'Adour, Grenade-sur-l'Adour, Saint-Sever, Dax, Tarnos
- Pireneos Atlánticos: Baiona
Principais afluentes
Pola beira dereita:
- Arros
- Midouze
Pola beira esquerda:
- Échez
- Luy
- os Gaves reunidos, formados pola unión do Gave de Pau e do Gave d'Oloron
- Bidouze
- Nive, xúntase ao Adour en Baiona.
Economía
O Adour no pasado era unha importante vía de transporte de madeira, que se conducía a través das súas augas até o porto de Baiona. Esta actividade mantívose até inicios do século XX, momento no que non puido soportar a competencia do ferrocarril, máis rápido e barato. Aínda hoxe, con todo, é unha boa vía por onde se saca o millo cultivado nas terras interiores.
O río é dos poucos que en Europa aínda se conservan con augas nas que afrezoan ou desovan os salmóns (Salmo salar).
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Adour |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.