escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Adolfo Sánchez Díaz, nado en Betanzos cara a 1889 e finado na mesma vila o 15 de agosto de 1971,[1] foi un escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 Betanzos, España |
Morte | 15 de agosto de 1971 (81/82 anos) Betanzos, España |
Alcalde de Betanzos | |
1930 – 1931 – Víctor Cancela Noguerol → | |
Alcalde de Betanzos | |
1922 – 1923 ← Domingo Etcheverría Naveyra – Domingo Etcheverría Naveyra → | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político |
Procurador dos tribunais. Foi secretario do concello de Bergondo en 1914. Colaborou en Nueva Era e Betanzos Liberal. Foi presidente do Liceo Recreativo de Artesanos. Foi alcalde de Betanzos do 1 de abril de 1922 ao 8 de xaneiro de 1923 e novamente logo da caída da ditadura de Primo de Rivera, do 15 de abril de 1930 ao 15 de marzo de 1931. Impulsou na década dos anos corenta o Banco Etcheverría, do que foi ata a súa morte presidente do consello de administración.
Casou con María Martínez Doval en 1914,[2] que finou en febreiro do ano seguinte.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.