composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O acenocumarol é un anticoagulante, similar á warfarina, cuxo mecanismo de acción é ser un antagonista da vitamina K. É un derivado da cumarina comercializado co nome de Sintrom® ou Sinthrome®.
Presenta unha vida media breve (de 10 a 24 horas). A súa dose de sostén é de 1 a 8 mg/día.
Debido á variabilidade e a complexidade do sangue, as doses e a concentración de acenocumarol están directamente relacionadas coa viscosidade e a composición do sangue, plaquetas e factores de coagulación entre outros. En consecuencia, debe haber un control moi exhaustivo porque hai unha marxe terapéutica moi estreita. É imprescindible e necesario un control diario do paciente para adecuar o fármaco ás necesidades do paciente. A experiencia no tratamento fixo que, ao estabilizarse o INR no valor requirido, os controis poidan espazarse varios días e mesmo 3 ou 4 semanas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.