From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase abrasión (do lat. abradĕre, "raer") á acción mecánica de rozamento e desgaste que provoca a erosión dun material ou tecido.
En xeoloxía, a abrasión mariña é o desgaste causado a unha roca pola acción mecánica da auga cargada por partículas procedentes dos derrubios. É importante, sobre todo, na formación de costas abruptas. Batidas polo mar, estas retroceden e as pedras desprendidas do cantil, arrastradas con movementos de vaivén polas ondas, tallan ao pé do mesmo unha plataforma de abrasión que descende con lixeira pendente cara ao mar.
A abrasión glaciar é a erosión do leito dun glaciar polos materiais sólidos inclusos no xeo e arrastrados polo mesmo; cando se trata de grans finos, chamados fariña glaciar, a roca da canle adquire co tempo un pulimento glaciar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.