Filme de 2008 dirixido por Ramón Costafreda From Wikipedia, the free encyclopedia
Abrígate é unha coprodución cinematográfica galego-arxentina, dirixida por Ramón Costafreda no ano 2007. Rodouse entre Betanzos e A Coruña no verán de 2006 e primeira longametraxe do devandito director galego trala TV-movie Máis ca irmáns.
Abrígate | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Abrígate |
Director | Ramón Costafreda |
Produtor | Carlos Amoedo |
Guión | Fernando Castets, Ramón Costafreda, Inés París |
Intérpretes | Manuela Pal (Valeria), María Bouzas (Adela), Celso Bugallo (Coco), Ricardo Darín), Amalia Gómez (Leonor), Félix Gómez (Marcelo), Javier Lombardo (Miguel), Luísa Merelas (Aurora), Aurora Mestre (Ramona), Isabel Naveira (María), Alejandro Neira (Gabriel), Cristina Ramallal (Montse), María Salgueiro (Irene), Adrián Suar), Pepo Suevos (Home footing), Pablo Tamayo (Telmo), Luis Zahera (Padre de Miguel), Alejandro Albaiceta (Home immobiliaria) |
Música | Xavi Font |
Fotografía | Jesús Escosa |
Montaxe | Guillermo Represa |
Estrea | 25 de marzo de 2008 |
Orixe | Galicia |
Xénero | comedia |
Na rede | |
A película rodouse en galego e castelán, respectando o idioma orixinal dos protagonistas, varios dos cales (Celso Bugallo, María Bouzas, Luis Zahera, Isabel Naveira, María Salgueiro, Pepo Suevos) son actores galegos.
É unha comedia escrita polo guionista da exitosa película arxentina El hijo de la novia, Fernando Castets e producida por Continental Producciones, Oberon Cinematográfica, Patagonik Film Group, TVG e Patagonik Film Group. A súa estrea foi o 24 de maio de 2007.
A película ten por protagonista e Valeria (Manuela Pal), unha arxentina de ascendencia galega que deixa a súa terra natal trasládase a vivir a unha vila da provincia da Coruña co obxectivo de atopar e coñecer as súas raíces. Nesta aventura atoparáse con persoas dispares, especialmente cando emprenda a busca do seu amante, un home maduro chamado Yves, que se produce durante a noite de San Xoán. Unha vez descuberta a morte de Yves, acabará por namorarse de Marcelo (Félix Gómez) o fillo deste, entrando nunha encrucixada que a súa xefa Adela (María Bouzas) lle axudará a resolver.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.