A señora Dalloway

novela de Virginia Woolf From Wikipedia, the free encyclopedia

A señora Dalloway

A señora Dalloway[1] (título orixinal en inglés: Mrs Dalloway) é a cuarta novela de Virginia Woolf, publicada o 14 de maio de 1925. Detalla un día na vida de Clarissa Dalloway, na Inglaterra posterior á primeira guerra mundial. A revista Time incluíu a novela na súa lista de 100 mellores novelas en lingua inglesa entre 1923 e 2005.[2]

Datos rápidos Título orixinal, Autor/a ...
A señora Dalloway
Thumb
Título orixinalMrs Dalloway
Autor/aVirginia Woolf
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Hogarth Press
Irmás Cartoné
Data de pub. 14 de maio de 1925
2018
FormatoTapas duras
ISBNISBN 978-84-948421-2-2 (gl)
TraduciónCelia Recarey
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

A novela segue a Clarissa Dalloway a través dun só día en Inglaterra despois da gran guerra nunha narrativa de estilo de fluxo de consciencia. Construída a través de dúas pequenas historias que Woolf escribira previamente («A señora Dalloway en Bond Street» e a súa inconclusa «O Primeiro Ministro») a historia da novela son os preparativos de Clarissa para unha festa que vai ofrecer esa noite. Usando a perspectiva interior da novela, Woolf móvese cara a atrás e adiante no tempo, e dentro e fóra da mente de varios personaxes para construír unha imaxe completa, non só da vida de Clarissa, senón da estrutura social de entreguerras. Debido a similitudes estruturais e estilísticas, comunmente crese que A señora Dalloway é unha resposta ó Ulises de James Joyce, un texto que é admirado como unha das grandes novelas do século XX, algo que Woolf anticipou, eloxiando a obra no seu ensaio "Modern Fiction".[3] Porén, a Hogarth Press, administrada por ela e o seu esposo Leonard, non puido publicar o Ulises en Inglaterra debido, entre outras causas, ás restricións de uso de linguaxe obscena que rexían na Inglaterra da época. Fundamentalmente, A señora Dalloway explora en novos terreos e busca presentar un aspecto diferente da experiencia humana.

Foi traducida ó galego por Celia Recarey[4] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2018.[1]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.