filme de 2008 dirixido por Pedro Rivero From Wikipedia, the free encyclopedia
A crise carnívora (en castelán: La crisis carnívora) é un filme de animación español dirixido por Pedro Rivero e protagonizado por Enrique San Francisco, que se estreou no 2008. É unha produción de Continental Animación, Abrakam Estudio, Dream e Semprecinema que conta axuda da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, ICAA e a participación de TVG, TV3 e ETB.
A crise carnívora | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La crisis carnívora |
Director | Pedro Rivero |
Produtor | Pancho Casal Jordi Mendiera Pedro Rivero |
Guión | Pedro Rivero Egoitz Moreno |
Intérpretes | Enrique San Francisco José Coronado Pablo Carbonell Pedro Reyes Álex Angulo Mario Pardo Carlos Sobera Joaquín Reyes |
Música | Daniel Tejerina |
Distribuidora | Latido Films |
Estrea | 16 de maio de 2008 16 de maio de 2008 |
Duración | 80 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Animación, Comedia |
Orzamento | €1 500 000[1] |
Na rede | |
Estreouse en galego nalgúns cines de Galicia (Filmax da Coruña, Termas de Lugo, Área Central de Santiago e Gran Vía de Vigo) o 16 de maio de 2008.[2] Foi o primeiro filme realizado en animación flash. A animación foi feita por Nikodemo, os responsables da serie de éxito de Internet Cálico Electrónico. Antes da proxección do filme proxectouse un capítulo inédito de devandita serie.
Grazas ó Pacto Vexetariano, tódolos animais conviven en paz e harmonía. Todos menos un: a hiena Crevel, que vive coa angustiosa sensación de non volver a probala carne. Decidido a calmalo seu bandullo, unha noite Crevel acode ó cemiterio disposto a devoralos cadáveres, pero non pode facelo, porque non hai ningún. O león Pérsicus e o seu consigliere, o tigre Altaicus, organizaron toda unha rede alimenticia cos defuntos para manter os seus hábitos carnívoros. Ó ser descubertos, acusan a Crevel da brutal profanación, obrigándoo a fuxir da ira dos herbívoros. Pero Crevel regresará do exilio cun plan para derrocar ós felinos. Oculto baixo un disfrace do xabarín Willy, propón ós herbívoros unha grande alianza para tomalo poder, valéndose do recordo dun heroe lendario que se enfrontou no seu día ó consigliere Altaicus: o lobo Wolfeimer.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor filme de animación | Continental Producciones | Nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.