Advanced Photovoltaic Experiment, tamén coñecido polo seu acrónimo APEX, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 3 de agosto de 1994 mediante un foguete Pegasus desde a Base Edwards da Forza Aérea, en California.[2]
Advanced Photovoltaic Experiment | |
---|---|
APEX durante a súa preparación para o lanzamento. | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico. |
Organización | USAF |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 3 de agosto de 1994[1][2][3] |
Foguete portador | Pegasus[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Edwards da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Demostración de novas tecnoloxías relativas a células solares e o seu uso no espazo.[2] |
NSSDC ID | 1994-046A |
Masa | 260 kg[2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7386,6 km[1] |
Inclinación | 69,9 graos[1] |
Apoapse | 1678,3 km[1] |
Periapse | 352,9 km[1] |
Características
A misión de APEX consistía en probar novas células solares e compoñentes electrónicos nun contorno de radiación para mellorar o deseño de futuros vehículos espaciais. A órbita altamente elíptica de APEX permitiu tamén investiga-lo efecto do plasma espacial en circuítos operando a alta voltaxe cando o satélite estaba no perixeo e o efecto da radiación espacial cando estaba no apoxeo.[2][4][5]
O satélite levaba o experimento PASP (Photovoltaic Array Space Power) Plus para o estudo da forma en que o rendemento das células solares se degrada no contorno espacial. Probáronse doce tipos de células, incluíndo catro tipos de células de silicio, tres de arseniuro de galio, tres novos tipos de materiais (fosfuro de indio e outros dos tipos diferentes) e dous con deseños de concentrador.[2][4][5]
APEX tamén levaba o experimento CRUX (Cosmic Ray Upset Experiment), patrocinado polo centro de voo espacial Goddard da NASA, e o experimento FERRO (Thin-Film Ferroelectric Experiment), desenvolvido pola Escola Naval de Posgraduados.[2][4][5]
Durante a misión a nave sufriu dous incidentes, un relacionado co sensor da batería e outro cun chip de memoria, resolvéndose os dous sen maiores problemas.[5]
A nave estaba baseada no bus PegaStar da empresa Orbital Sciences.[4]
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.