banda estadounidense de rock alternativo From Wikipedia, the free encyclopedia
30 Seconds to Mars é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente dos Ánxeles, formada no ano 1998 e liderada polo actor Jared Leto. Completan a formación o irmán de Jared Shannon Leto e Tomo Miličević.
30 Seconds to Mars | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, California, Estados Unidos |
Período | 1998 - presente |
Xénero(s) | hard rock, metal alternativo, metal progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | EMI, Virgin, Immortal |
Membros | Jared Leto Tomo Miličević Shannon Leto |
Antigos membros | Matt Wachter Solon Bixler Kevin Drake |
Na rede | |
30secondstomars.com | |
Creada en 1998 por Jared Leto e o seu irmán Shannon, 30 Seconds to Mars comezou a súa andaina como un pequeno proxecto familiar. As cousas comezaron a andar rápido e Matt Wachter uniuse á banda como baixista e teclista. Despois de que pasasen dous guitarristas pola banda, os tres fixéronlle unha audición a Tomo Miličević para completar a formación.
O nome da banda está sacada dunha tese escrita por un antigo mestre de Harvard. Un dos capítulos tiña o título thirty seconds to mars ("trinta segundos a marte") e fala sobre o rápido desenvolvemento da tecnoloxía que pon á humanidade a trinta segundos de marte.
Malia que Leto é un famosos actor de Hollywood, orixinalmente prefería non usar esa información para promocionar á banda, e de feito a banda adoitaba rexeitar tocar en locais onde usasen esa fama para promocionaren os concertos.
O primeiro álbum de 30 Seconds to Mars, co mesmo nome que a banda, foi editado no ano 2002. O seu segundo traballo, A Beautiful Lie, editouse o 30 de agosto do 2005.
O 31 de agosto do 2006 a banda gañou o premio MTV2 Award por "The Kill" nos MTV Video Music Awards, un dos seus dous nomeamentos. O outro nomeamento foi para o mellor vídeo de rock, premio que acabaría sendo para "Miss Murder" de AFI.
En outubro a banda comezou a súa xira Welcome to the Universe, patrocinada pola MTV2. Na mesma foron acompañados polas bandas Head Automatica, The Receiving End of Sirens, Cobra Starship e Rock Kills Kid entre outras. O 20 de novembro a MTV2 estreou o vídeo de "From Yesterday"; sendo o primeiro vídeo de rock estadounidense gravado enteiramente na República Popular da China.
O 29 de abril do 2007 a banda actuou nos MTV Australia Video Music Awards, onde fora nomeada para tres premios, gañando finalmente os galardóns ao "Mellor vídeo de rock" e "Vídeo do ano" por "The Kill".
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
30 Seconds to Mars | 2002 | Immortal, Virgin |
A Beautiful Lie | 2005 | Immortal, Virgin |
This Is War | 2009 | Virgin, EMI |
Love, Lust, Faith and Dreams | 2013 | Virgin, Universal |
America | 2018 | Interscope Records |
It's the End of the World but It's a Beautiful Day | 2023 | Concord |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 30 Seconds to Mars |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.